jueves, 17 de mayo de 2018

¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Como cada 17 de maio celébrase o día da nosa lingua, a lingua galega, esa que nos fai únicos e que nos caracteriza polo mundo adiante.



Este ano a homenaxeada é Mª Victoria Moreno Marquez, nacida en 1939 na vila cacereña  de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da editorial Galaxia.
Mar adiante é o seu primeiro libro en galego (ilustrado por ela mesma). Con esta primeira novela, a profesora de orixe estremeña convertíase nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo, ao que dedicaría tamén boa parte da súa produción literaria posterior con notable recoñecemento tanto da crítica como do público.


Durante toda a semana as alumnas e alumnos do colexio Padre Feijoo Zorrelle estiveron disfrutando da lectura do primeiro libro da homenaxeada Mar adiante, ademáis de recrear algunha das súas ilustracións e personaxes. 

Aquí podedes ver unha mostra do bo traballo do noso alumnado.




                                       

















      


A tripulación do Arroás, segundo o alumnado do CPR Padre Feijoo Zorelle




Un saúdo.