Caligrafía

lunes, 28 de octubre de 2024

Hora de lectura

Hoxe na Unidade de Educación Especial tocou "Hora de Ler". Afortunadamente, na biblioteca do centro, contamos cunha amplia variedade de libros adaptados a Lectura Fácil, o cal, fai posible a participación dun maior número de alumnado nas diferentes actividades do noso Plan de Biblioteca. 







jueves, 10 de octubre de 2024

 CINE NA BIBLIO

Os nenos e nenas de 3º de EP participaron nunha divertida actividade programada pola profe Isa e alumnado de secundaria. Nela, profesora e alumnos narraban a historia da coñecida película “O rei León” mentres outros alumnos proxectaban as diapositivas da película na parede da nosa Biblioteca Escolar. A actividade resultou moi atractiva e diferente para todos e todas.