viernes, 7 de junio de 2019

SEMANA DAS CIENCIAS

Semana das Ciencias no Padre Feijoo Zorelle

Esta semana celebramos no cole unha semana dedicada por completo ás ciencias e desde a aula de apoio levamos a cabo uns traballos cos nosos alumnos e alumnas que queremos compartir con todos vós.
Imos empezar por un experimento que consistiu en traballar a lectoescritura dunha forma pouco habitual pero moi enxeñosa e motivadora. E quen mellor que eles mesmos para explicarvos os pasos a seguir?... só tedes que darlle ao "Play" ao seguinte vídeo.


Animádesvos a probalo nas vosas clases e casas? 😄


Creamos a nosa propia horta!


Durante o mes de maio e xuño rapazas e rapaces que acuden a aula de apoio tiveron a oportunidade de converterse en agricultores, tras recolectar diferentes sementes, xerminaron e coidaron delas.

A medida que as plantas medrabana os encargados do seu coidado anotaba todas as observacións sobre o crecemeneto. Aquí tedes unha proba de todo o proceso.


.
Para o coidado das plantas o alumando contaba cunha folla de rego; José Manuel explícanos neste vídeo en que consite:



O resultado foi excelente, temos unha horta con gran variedade de plantas, que  gracias o bo traballo do  noso alumnado,  seguen medrando día a día.



Un saúdo.