jueves, 22 de febrero de 2024

 



"Somos científicos": é o nome do proxecto que iniciou parte do alumnado de secundaria na biblioteca do centro e rematou coa demostración dos experimentos no laboratorio cos compañeiros e compañeiras de 2º de Educación Primaria. A actividade final estivo composta por xogos, experimentos e explicacións por parte do alumnado da ESO nas que se aproveitou para introducir vocabulario en inglés para os alumnos e alumnas de 2ºEP.











lunes, 5 de febrero de 2024

O uso das TICs na Pedagoxía Terapéutica

A continuación, presentamos un exemplo dunha das moitas formas de traballar na aula de Pedagoxía Terapéutica, na que consideramos que os apoios visuais son esenciais tanto para a comprensión, como para a atención e a motivación do noso alumnado.
Pese a polémica que hai xerada en torno ao uso das pantallas de manera abusiva en idades temperás, é certo que as TICs son un recurso que utilizado de xeito adecuado, da acceso á información a todo a alumnado, facendo que as nosas aulas estén dotadas dun Deseño Universal que ten en conta as necesidades de todos e todas.