sábado, 13 de febrero de 2021

O ENTROIDO

Cultura, tradición, sentimento, alegría...unha oportunidade perfecta para aprender de forma lúdica. Aproveitamos para espertar con cores a nosa creatividade interior.

Dende o Departamento de Orientación, na aula PT e AL, realizamos diferentes actividades relacionadas coa festividade.

¿Queredes coñecelas?

Decoración da aula, creamos o noso Meco, coñecemos diferentes traxes dalgúns Entroidos da provincia de Ourense, decoramos varias carautas, lemos contos, aprendemos refráns, experimentamos coa fariña (Fareleiro), fixemos pequenas olas de arxila (Oleiro), e deixamos liberdade para deseñar unha figura sobre o noso traxe preferido.








 









FELICES FESTAS

miércoles, 3 de febrero de 2021

Día da Paz

Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia, dende o Departamento de Orientación, levamos a cabo unha actividade para que o noso alumnado reflexionase sobre o concepto e a maneira na que eles poden colaborar para conseguir que o mundo que nos rodea sexa un lugar pacífico.


Para isto elaboraron "O SEMÁFORO DA PAZ"

En VERDE resaltaron todas aquelas actitudes que consideran que axudan e apoian a que todos e todas fagamos do mundo un lugar mellor!

En VERMELLO destacaron aquelas posturas que non se deben contemplar no día a día, posto que non contribúen ao benestar común.

Por último, en LARANXA, quixeron destacar as condutas e comportamentos que nos axudan na resolución dos conflitos do noso día a día.


Aquí vos deixamos unhas imaxes do proceso de elaboración e posterior debate: