viernes, 8 de marzo de 2024

 8-M: Contos para nenas valentes

O alumnado de Secundaria e de Primaria xuntouse da man das especialistas en Audición e Linguaxe e en Pedagoxía Terapéutica, Laura e Isa, para conmemorar o 8-M. 

A actividade levouse a cabo na biblioteca do centro, primeiro coa sesión de contacontos do alumnado de secundaria para os nenos de 1º de primaria, que escoitaron unha historia na que as princesas Disney reciben unha invitación a un torneo de fútbol no que demostraron que non importa o xénero e que o realmente importante é a igualdade de oportunidades. Seguidamente o alumnado de primaria escribiu as pancartas das princesas nas que reivindicaron que as mulleres poden dedicarse ao que elas queiran. O conto foi adaptado con pictogramas en colaboración co alumnado de secundaria. Ademáis, contén un código QR para poder escoitalo coa voz dunha alumna de primaria.

















viernes, 1 de marzo de 2024

 



1 de marzo: "Día da cero discriminación"

Co motivo do día da cero discriminación o alumnado de sexto de infantil realizou unha actividade monstruosamente divertida coa profe Isa, quen hai un tempo contoulles a historia dun monstruo que se sentía diferente e que non foi feliz ata que chegou a un lugar onde iso non era un problema. A través deste xogo, co que disfrutaron tanto, ademáis de aprender que todos debemos repectarnos, traballaron o esquema corporal, as cantidades e o traballo en equipo.






















jueves, 22 de febrero de 2024

 



"Somos científicos": é o nome do proxecto que iniciou parte do alumnado de secundaria na biblioteca do centro e rematou coa demostración dos experimentos no laboratorio cos compañeiros e compañeiras de 2º de Educación Primaria. A actividade final estivo composta por xogos, experimentos e explicacións por parte do alumnado da ESO nas que se aproveitou para introducir vocabulario en inglés para os alumnos e alumnas de 2ºEP.











lunes, 5 de febrero de 2024

O uso das TICs na Pedagoxía Terapéutica

A continuación, presentamos un exemplo dunha das moitas formas de traballar na aula de Pedagoxía Terapéutica, na que consideramos que os apoios visuais son esenciais tanto para a comprensión, como para a atención e a motivación do noso alumnado.
Pese a polémica que hai xerada en torno ao uso das pantallas de manera abusiva en idades temperás, é certo que as TICs son un recurso que utilizado de xeito adecuado, da acceso á información a todo a alumnado, facendo que as nosas aulas estén dotadas dun Deseño Universal que ten en conta as necesidades de todos e todas.