SÍLABAS TRABADAS
Comezamos o ano con moitas ganas de traballar. O recurso que se amosa nas imaxes é unha pizarra luminosa, que fai moi atractivas as actividades. Neste caso, traballamos en lingua castelá algunhas sílabas trabadas, escribindo e lendo palabras que as conteñen como: clavel, tigre, globo e crema. Ademais, utilizamos diferentes cores para identificar as vogais.