Ás veces pensamos que para facer actividades motivadoras e significativas necesitamos materiais complexos ou custosos. Pero hoxe queremos compartir un exemplo que demostra todo o contrario.
Este recurso está feito únicamente cun folio plastificado e unhas sinxelas pinzas da roupa decoradas. Nada máis. Un material elaborado por nós, pensado con cariño, intención educativa… e con infinitas posibilidades de traballo.
Na imaxe podedes ver como, con algo tan básico, o alumnado pode:
-
Contar e asociar número-cantidade.
-
Traballar a motricidade fina ao colocar e retirar as pinzas.
-
Reforzar a atención e a discriminación visual.
-
Autonomía e autocorrección, xa que poden comprobar por si mesmos se coinciden número e representación.
-
Xogo manipulativo.


