viernes, 29 de septiembre de 2017

Formación sobre a tartamudez en Santiago de Compostela

A pasada fin de semana celebrouse en Santiago a primeira parte do curso de intervención en tartamudez da man dunha das logopedas de referencia neste ámbito, Doña Raquel Escobar Díaz. Alí estivemos, empapándonos ó máximo de coñecementos e actualizándonos sobre as novas técnicas de actuación. No transcurso do día puidemos escoitar frases tan duras como estas emitidas por persoas con tartamudez: "preferí sacar un cero antes de salir a dar la lección" ou "no llevaba reloj para no tener que dar la hora a un desconocido". Para que estas situacións non acontezan é imprescindible a implementación de intervencións adecuadas e precoces  que por un lado axuden a mellorar o tartamudeo e, por outro, eviten a aparición de comportamentos secundarios como muletillas, tics, sobreesforzos musculares, evitación... e favorezan a creación dun autoconcepto saudable. 



Recorden, "DE TODAS AS COUSAS QUE SE PODEN FACER ANTE A TARTAMUDEZ, NON FACER NADA NON É UNHA DELAS". 
Aceptemos, normalicemos e traballemos!! En decembro acudiremos a segunda parte do curso, non dá chegado o momento!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario