Aproveitando os recursos TIC
Audición y Lenguaje & Pedagogía Teraupéutica
Colegio Padre Feijoo Zorelle (Ourense)
martes, 12 de noviembre de 2024
lunes, 28 de octubre de 2024
Hora de lectura
Hoxe na Unidade de Educación Especial tocou "Hora de Ler". Afortunadamente, na biblioteca do centro, contamos cunha amplia variedade de libros adaptados a Lectura Fácil, o cal, fai posible a participación dun maior número de alumnado nas diferentes actividades do noso Plan de Biblioteca.
jueves, 10 de octubre de 2024
CINE NA BIBLIO
Os nenos e nenas de 3º de EP participaron nunha divertida actividade programada pola profe Isa e alumnado de secundaria. Nela, profesora e alumnos narraban a historia da coñecida película “O rei León” mentres outros alumnos proxectaban as diapositivas da película na parede da nosa Biblioteca Escolar. A actividade resultou moi atractiva e diferente para todos e todas.
jueves, 20 de junio de 2024
miércoles, 22 de mayo de 2024
viernes, 8 de marzo de 2024
8-M: Contos para nenas valentes
O alumnado de Secundaria e de Primaria xuntouse da man das especialistas en Audición e Linguaxe e en Pedagoxía Terapéutica, Laura e Isa, para conmemorar o 8-M.
A actividade levouse a cabo na biblioteca do centro, primeiro coa sesión de contacontos do alumnado de secundaria para os nenos de 1º de primaria, que escoitaron unha historia na que as princesas Disney reciben unha invitación a un torneo de fútbol no que demostraron que non importa o xénero e que o realmente importante é a igualdade de oportunidades. Seguidamente o alumnado de primaria escribiu as pancartas das princesas nas que reivindicaron que as mulleres poden dedicarse ao que elas queiran. O conto foi adaptado con pictogramas en colaboración co alumnado de secundaria. Ademáis, contén un código QR para poder escoitalo coa voz dunha alumna de primaria.
viernes, 1 de marzo de 2024