miércoles, 26 de septiembre de 2018

DÍA EUROPEO DE LAS LENGUAS


Different languages, one school



Comezamos o curso 2018/2019, e dende o Departamento de Orientación celebramos o Día Europeo das Linguas.


Paolo Conde, mostrando o resultado final da actividade

Para conmemorar este día, o alumnado da aula de apoio do Colexio Padre Feijoo-Zorelle, realizou unha actividade que consistía; primeiramente en analizar o mapa de Europa e escoller aleatoriamente un país.
A continuación, mediante a indagación e a posta en marcha de búsquedas de información en libros ou ferramentas dixitais, o alumnado descubriu diversos datos sobre cada país, entre eles o  seu idioma correspondente. 












O alumnado escribiu en tarxetas o nome do país e o seu idioma ou idiomas oficiais, e seguidamente as colocaron no mapa de Europa.








  

Foi unha actividade na que todos/as disfrutaron indagando sobre os países de Europa e descubrindo datos que ata agora descoñecían. Ademais, traballaron a súa grafía e melloraron a motricidade fina na realización das tarxetas. 

Podedes botarlle un vistazo ao traballo final no vestíbulo do colexio, esperamos que vos guste!

Un saúdo 😀