lunes, 19 de octubre de 2026

 Aprendemos a ler a través dos nosos intereses 🦖🦴

No laboratorio de ciencias do centro, aproveitamos o interese polos dinosauros e polo corpo humano para traballar a lectura dunha forma manipulativa e motivadora.

A través de palabras como fémur, costelas, cranio ou volcán, identificamos letras, recoñecemos sons e construímos palabras con letras magnéticas. Unha actividade na que a aprendizaxe parte dos intereses do alumnado, favorecendo a atención, a motivación e o desenvolvemento da lectoescritura.

Aprender tamén é descubrir, experimentar e xogar coas palabras!






lunes, 12 de octubre de 2026

🍂🍄 Aprendemos xogando co dominó do outono! 🍁🌰

Hoxe queremos compartir con vós unha das actividades que realizamos nas sesións de Audición e Linguaxe (AL): o dominó do outono. 🧡

Trátase dunha divertida adaptación do xogo tradicional na que os nenos e nenas deben relacionar imaxes de elementos característicos desta estación, como follas, cogomelos, castañas, cabazas ou esquíos, ata completar unha cadea de pezas. 🐿️🎃

A través do xogo, aprendemos, comunicámonos e desenvolvemos habilidades fundamentais, como:

🍁 Linguaxe oral: ampliamos o vocabulario relacionado co outono e favorecemos a expresión oral.

🍄 Atención e concentración: estimulamos a atención sostida mediante a observación e a procura de imaxes coincidentes.

🌰 Razoamento lóxico: traballamos a asociación visual, a discriminación e a capacidade para establecer relacións.

Porque nas nosas sesións de AL, cada xogo é unha oportunidade para aprender, comunicarse e medrar! 🍂💛







jueves, 14 de mayo de 2026

 

📢 Celebramos o Día Mundial da Liberdade de Prensa (3 de maio)

O pasado 3 de maio, con motivo do Día Mundial da Liberdade de Prensa, no noso centro levamos a cabo diferentes actividades para achegarnos ao mundo da comunicación e comprender mellor a importancia dunha información libre, veraz e responsable.

📰 Descubrindo o xornal na biblioteca
Na biblioteca escolar tivemos a oportunidade de coñecer de preto as partes dun periódico. Analizamos portadas, titulares, novas, reportaxes e seccións, aprendendo a diferenciar os distintos tipos de contidos e reflexionando sobre como se constrúe a información que chega ata nós cada día.

🎙️ Creamos o noso propio programa de radio
Dentro do espazo de Polos Creativos, o alumnado converteuse en protagonista ao participar na gravación dun programa de radio. Prepararon contidos, practicaron a lectura e a expresión oral, e viviron a experiencia de comunicar como auténticos xornalistas.

💬 Esta actividade permitiunos traballar a importancia da liberdade de expresión e o papel fundamental dos medios de comunicación nunha sociedade democrática.










domingo, 8 de marzo de 2026

8M

Estes días o noso centro conmemorou o Día Internacional da Muller (8M) cunha actividade desenvolvida na Biblioteca do colexio, que se converteu nun espazo de investigación, reflexión e creatividade. O alumnado da Unidade de Educación Especial participou nesta proposta, coordinada por Marcial (Pt) e Isa (Pt). 

A actividade desenvolveuse a través dunha pequena investigación guiada na que o alumnado consultou información nas tablets da biblioteca, investigando sobre diferentes mulleres que deixaron pegada na historia en ámbitos como a ciencia, a literatura, a arte ou a defensa dos dereitos.

Ademais da procura dixital, tamén se empregaron recursos bibliográficos da biblioteca, como os libros Mulleres de ciencia e As mulleres nas matemáticas, que permitiron coñecer mellor o papel de moitas mulleres que contribuíron ao avance do coñecemento e da sociedade.

·         Investigamos sobre mulleres que deixaron pegada:

A partir desta procura de información, o alumnado completou fichas sobre distintas mulleres destacadas, como Marie Curie, Jane Goodall, Frida Kahlo, Clara Campoamor, Malala Yousafzai ou Rosalía de Castro, investigando aspectos básicos da súa vida e reflexionando sobre por que foron importantes.

Esta actividade permitiu traballar habilidades de busca de información, comprensión e síntese, ao tempo que se visibilizaban referentes femininos en distintos ámbitos.

·         Mural colaborativo: “As mulleres deixan pegada”:

Para finalizar a actividade, o alumnado participou na creación dun mural colaborativo titulado “As mulleres deixan pegada”.

Na parte central do mural colocáronse as fichas elaboradas sobre estas mulleres referentes, mentres que nas partes lateraris cada alumno e alumna deixaron a pegada da súa man, na que escribiron os nomes das mulleres importantes das súas vidas (nais, avoas, profesoras, irmás...), poñendo en valor o papel fundamental que moitas delas teñen no día a día.

O resultado foi un mural colectivo que combina investigación, reflexión e expresión persoal, recordándonos que moitas mulleres, tanto coñecidas como próximas, deixan unha pegada importante na sociedade e nas nosas vidas.







jueves, 12 de febrero de 2026

💶 Aprendendo co diñeiro

 Na aula traballamos o uso do diñeiro dunha forma moi práctica e divertida. A través de moedas e billetes de euro, o alumnado puido manipular, contar, clasificar e realizar pequenas compras simuladas.

 

Os obxectivos da actividade son:

 

Recoñecer moedas e billetes.

 

Diferenciar os seus valores.

 

Practicar o reconto e as sumas sinxelas.

 

Desenvolver habilidades de autonomía para a vida diaria.

 

Utilizamos materiais visuais e manipulativos, como láminas con imaxes de moedas, billetes e moedas de xoguete, etiquetas de prezos e xogos de “tenda”. Isto facilita a comprensión e mantén a motivación do alumnado.

 

Ademais de traballar contidos matemáticos, reforzamos:

 

✅ A atención

✅ A motricidade fina

✅ A comunicación e a toma de decisións.












miércoles, 4 de febrero de 2026

A división

 

A división con material manipulativo: aprender facendo

A división é unha das operacións matemáticas que máis custa comprender ao alumnado de primaria. Moitas veces preséntase de forma abstracta, con números e algoritmos, pero sen unha base concreta que lles permita entender que significa realmente “dividir”. Aquí é onde o material manipulativo se converte nun gran aliado.

Que é a división, en realidade?

Antes de falar de contas, é importante lembrar que dividir é repartir en partes iguais ou facer grupos iguais. Se o alumnado non entende isto, o algoritmo tradicional convértese nunha serie de pasos para memorizar sen comprensión.

Por que usar material manipulativo?

O material manipulativo permite:

  • Visualizar a cantidade total

  • Experimentar o reparto

  • Comprobar resultados por si mesmos

  • Aprender desde a experiencia, non só desde a memoria

Cando os nenos e nenas tocan, moven e reparten obxectos, están construíndo o significado da división.








lunes, 8 de diciembre de 2025

10 de decembro Día Internacional dos Dereitos Humanos

 Estes días o noso centro celebrou o Día Internacional dos Dereitos Humanos cunha completa proposta de actividades desenvolvidas na Biblioteca do colexio, que se converteu nun espazo de reflexión, creatividade e convivencia. O alumnado de 4º da ESO A, 3º da ESO A e a Unidade de Educación Especial participou nesta iniciativa coordinada por Isa (Titora UEE), Chus (Titora de 3ºESOA) e Sara (Titora 4ºESOA) e coa colaboración de Marcial (PT) e Diego (Coordinador TIC), dentro dos programas de Biblioteca, Polos Creativos e do Departamento de Orientación.

A secuencia de actividades foi a seguinte:

📚 “Dereitos Humanos entre Páxinas”

O alumnado de 3º da ESO-A e Educación Especial comezou a xornada elixindo un dereito humano universal e buscando un libro da biblioteca que o representase. Con esa inspiración:

-          Crearon marcapáxinas personalizados cunha frase significativa da obra.

-          Compartiron co grupo unha reflexión persoal sobre a vixencia dese dereito na sociedade actual.

Matilda, Wonder ou O Diario de Ana Frank foron algunhas das lecturas empregadas para falar de educación, igualdade ou liberdade de expresión. Unha actividade que demostrou que os dereitos humanos tamén se poden descubrir entre páxinas.






🎮 Kahoot e tablets na biblioteca

Nesta mesma xornada concursaron por equipos nun Kahoot interactivo relacionado cos Dereitos Humanos, empregando as tablets da Biblioteca e de Polos Creativos. Unha forma divertida e tecnolóxica de aprender e poñer a proba os seus coñecementos.



🖼️ Mural: “Os dereitos son universais”

Na propia biblioteca, e para finalizar esta sesión, o alumnado colaborou na creación dun mural con fotografías, reforzando a mensaxe de que todas as persoas, sen excepción, somos titulares dos mesmos dereitos.




🎬 Videos con mensaxe: “Todos contamos”

O alumnado de 4ESO-A, visualizou un vídeo informativo e gravou outro propio, protagonizado polo alumnado de 4ºA e da UEE, co lema “Todos contamos”, recordándonos que cada voz importa na defensa dos dereitos fundamentais. Foi editado grazas ao alumnado e ao asesoramento do noso coordinador TIC Diego Iglesias.