viernes, 8 de marzo de 2024

 8-M: Contos para nenas valentes

O alumnado de Secundaria e de Primaria xuntouse da man das especialistas en Audición e Linguaxe e en Pedagoxía Terapéutica, Laura e Isa, para conmemorar o 8-M. 

A actividade levouse a cabo na biblioteca do centro, primeiro coa sesión de contacontos do alumnado de secundaria para os nenos de 1º de primaria, que escoitaron unha historia na que as princesas Disney reciben unha invitación a un torneo de fútbol no que demostraron que non importa o xénero e que o realmente importante é a igualdade de oportunidades. Seguidamente o alumnado de primaria escribiu as pancartas das princesas nas que reivindicaron que as mulleres poden dedicarse ao que elas queiran. O conto foi adaptado con pictogramas en colaboración co alumnado de secundaria. Ademáis, contén un código QR para poder escoitalo coa voz dunha alumna de primaria.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario