viernes, 1 de diciembre de 2017


"Día da Diversidade Funcional"

O  3 de decembro celébrase o día mundial da diversidade funcional. Queremos aproveitar a ocasión para animarvos a todos a falarlle ós vosos cativos da diversidade funcional, xa que só dende o cariño, a comprensión e o respeto podemos lograr entre todos que a integración sexa unha realidade. 
Na Aula de Audición e Linguaxe hoxe colaboramos coa mestra de segundo de primaria para facerlles chegar esta realidade ós alumnos e, para iso valémonos do conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier. Podédelo atopar na rede e pode ser unha boa ferramenta para axudarvos na vosa explicación. 

Saúdos!! e recordade: " O bosque sería moi triste se só cantaran os paxaros que mellor o fan!"

Deíxósmosvos este vídeo protagonizado por unha persoa con parálise cerebral. Un consello, non deixedes de velo!!!!!!!