jueves, 26 de septiembre de 2019

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

A día 26 de setembro, celebramos o Día Europeo das Linguas, segundo proclamou o Consello de Europa co apoio da Unión Europea no ano 2001.

Sendo o obxectivo principal fomentar a aprendizaxe de idiomas en toda Europa, dende o departamento dedicámosnos a investigar cómo se din diferentes termos noutros idiomas.

  • Para elo, primeiro escollemos palabras ou oracións curtas que nos gustaría aprender a dicir noutra lingua. 
  • Logo, coa axuda dun mapa, localizamos os países da Unión Europea.
  • O seguinte paso foi investigar que lingua se fala en cada país, coa axuda das novas tecnoloxías.
  • E por último, seleccionamos unha palabra e escribímola nunha pulseira.
Mostrámosvos o resultado:

 

Esta actividade serviunos para traballar tanto a lectura como a escritura dunha forma divertida, ademais de aprender a utilizar as novas tecnoloxías como medio de aprendizaxe.
Sen esquecer que aprendemos un pouquiño de italiano, inglés, alemán, portugués, grego....


Despedímonos dende o colexio Padre Feijoo Zorelle
 
CIAO                                DAOINE                      ZBOGOM                   AUF WIEDERSEHEN