viernes, 27 de octubre de 2023

A Unidade de Educación Especial

Sabías que o noso centro educativo conta dende este ano cunha unidade de educación especial?

Probablemente nunca escoitou falar de algo así, pero de forma breve veremos en que consiste. Como sabedes, o noso traballo é atender á diversidade do noso alumnado e especialmente a do noso alumnado que presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo. Dentro destes, atópanse, entre outros, o alumnado con Necesidades Educativas Especiais e estes son precisamente os alumnos que poden beneficiarse dun recurso tan bo como é unha Unidade de Educación Especial dentro dun Centro Ordinario.

Esta unidade está dotada de recursos cos que atendemos as súas necesidades educativas, xa que contamos no seu interior con: Pizarra dixital, Mesa de luz, Tablets, Legos (e outros bloques de construción), Robots (para construír e programar), números e letras (de madeira e cores), regretas... en definitiva, a nosa aula ten todo o que precisan os nosos alumnos. A continuación, mostrámosvos en imaxes algúns exemplos de como traballamos na aula:




Robot construído por alumno.

Cálculo de maneira manipulativa.

Series con formas de madeira. 

Potenciando o traballo autónomo usando o diccionario online.

Gamificando contidos curriculares.

Potenciando as Funcións Executivas a través do xogo.