DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
A día 26 de setembro, celebramos o Día Europeo das Linguas, segundo proclamou o Consello de Europa co apoio da Unión Europea no ano 2001.
Sendo o obxectivo principal fomentar a aprendizaxe de idiomas en toda Europa, dende o departamento dedicámosnos a investigar cómo se din diferentes termos noutros idiomas.
- Para elo, primeiro escollemos palabras ou oracións curtas que nos gustaría aprender a dicir noutra lingua.
- Logo, coa axuda dun mapa, localizamos os países da Unión Europea.
- O seguinte paso foi investigar que lingua se fala en cada país, coa axuda das novas tecnoloxías.
- E por último, seleccionamos unha palabra e escribímola nunha pulseira.
Mostrámosvos o resultado:
Esta actividade serviunos para traballar tanto a lectura como a escritura dunha forma divertida, ademais de aprender a utilizar as novas tecnoloxías como medio de aprendizaxe.
Sen esquecer que aprendemos un pouquiño de italiano, inglés, alemán, portugués, grego....
Despedímonos dende o colexio Padre Feijoo Zorelle
CIAO DAOINE ZBOGOM AUF WIEDERSEHEN