martes, 17 de diciembre de 2024

A MESA DE LUZ 

A mesa de luz é unha ferramenta valiosa na intervención con nenos con autismo, xa que favorece o seu desenvolvemento sensorial, motor e cognitivo de maneira lúdica e estimulante. A través das súas cores brillantes e contrastantes, os nenos poden explorar patróns, formas e texturas, o que mellora a súa concentración e coordinación. Ademáis, promove a comunicación e a interacción social, xa que convida á participación en actividades grupais ou individuais. Utilizada de maneira terapeutica, a mesa de luz tamén pode ofrecer momentos de calma, reducindo a ansiedade e favorecendo un ambiente relaxante para a aprendizaxe e a creatividade.






martes, 3 de diciembre de 2024

3 de decembro, día internacional da discapacidade 

Hoxe 3 de decembro, é o día internacional das persoas con discapacidade. Co motivo desta conmemoración o alumnado de 3ºESO-B realizou unha actividade na biblioteca escolar coa finalidade de facela un espacio máis accesible e inclusivo. Durante a actividade se trataron varios aspectos, por un lado, a través dunha presentación profundizouse nos conceptos de discapacidade, entornos discapacitantes, inclusión e accesibilidade, centrándonos concretamente na accesibilidade cognitiva a cal, facilita a todas a persoas a comprensión do mundo no que vivimos. Trala explicación e o visionado de vídeos que aclaraban os contidos a tratar formamos tres equipos, un deles sinalizaba con pictogramas a biblioteca e os outros dous equipos fixeron un traballo de investigación nos ordenadores da biblioteca, en primer lugar identificaron qué máis pictogramas facían falta e logo os buscaron e descargaron dende a plataforma de ARASAAC.























martes, 12 de noviembre de 2024


Aproveitando os recursos TIC

O uso de recursos tecnolóxicos fomenta a aprendizaxe de habilidades específicas de maneira interactiva e motivadora. Na imaxe, os nenos exploran aplicacións educativas que lles axudan a desenvolver as súas competencias de forma dinámica e accesible.








lunes, 28 de octubre de 2024

Hora de lectura

Hoxe na Unidade de Educación Especial tocou "Hora de Ler". Afortunadamente, na biblioteca do centro, contamos cunha amplia variedade de libros adaptados a Lectura Fácil, o cal, fai posible a participación dun maior número de alumnado nas diferentes actividades do noso Plan de Biblioteca. 







jueves, 10 de octubre de 2024

 CINE NA BIBLIO

Os nenos e nenas de 3º de EP participaron nunha divertida actividade programada pola profe Isa e alumnado de secundaria. Nela, profesora e alumnos narraban a historia da coñecida película “O rei León” mentres outros alumnos proxectaban as diapositivas da película na parede da nosa Biblioteca Escolar. A actividade resultou moi atractiva e diferente para todos e todas.







jueves, 20 de junio de 2024

OS ECLIPSES

Hoxe, os nenos e nenas de 5 anos, non se esperaban a sorpresa que o alumnado de Secundaria lles tiña preparada. Presentáronlles o proxecto de final de curso para a materia de Tecnoloxía, relacionado con temática da materia de Física e Química.  

                                      










miércoles, 22 de mayo de 2024



Día das Letras Galegas
"Luisa Villalta"

Co motivo das Letras Galegas, dedicado este ano a Luisa Villalta, a semana pasada, alumnado de secundaria presentou na Biblioteca Escolar unha actividade para os nenos e nenas de 4ºEP. A actividade dirixida e organizada por Isa, mestra en Pedagoxía Terapéutica e Eva, titora de 4º consistiu na realización de mandalas á vez que escoitaban música de violín, instrumento favorito da autora homenaxeada.