jueves, 10 de octubre de 2024

 CINE NA BIBLIO

Os nenos e nenas de 3º de EP participaron nunha divertida actividade programada pola profe Isa e alumnado de secundaria. Nela, profesora e alumnos narraban a historia da coñecida película “O rei León” mentres outros alumnos proxectaban as diapositivas da película na parede da nosa Biblioteca Escolar. A actividade resultou moi atractiva e diferente para todos e todas.