Estes días o noso centro celebrou o Día Internacional dos Dereitos Humanos cunha completa proposta de actividades desenvolvidas na Biblioteca do colexio, que se converteu nun espazo de reflexión, creatividade e convivencia. O alumnado de 4º da ESO A, 3º da ESO A e a Unidade de Educación Especial participou nesta iniciativa coordinada por Isa (Titora UEE), Chus (Titora de 3ºESOA) e Sara (Titora 4ºESOA) e coa colaboración de Marcial (PT) e Diego (Coordinador TIC), dentro dos programas de Biblioteca, Polos Creativos e do Departamento de Orientación.
A secuencia de actividades foi a seguinte:
📚 “Dereitos
Humanos entre Páxinas”
O alumnado de 3º da ESO-A e Educación Especial comezou
a xornada elixindo un dereito humano universal e buscando un libro da
biblioteca que o representase. Con esa inspiración:
- Crearon
marcapáxinas personalizados cunha frase significativa da obra.
- Compartiron
co grupo unha reflexión persoal sobre a vixencia dese dereito na sociedade
actual.
Matilda, Wonder ou O Diario de Ana Frank foron
algunhas das lecturas empregadas para falar de educación, igualdade ou
liberdade de expresión. Unha actividade que demostrou que os dereitos humanos
tamén se poden descubrir entre páxinas.
🎮 Kahoot e
tablets na biblioteca
Nesta mesma xornada concursaron por equipos nun Kahoot
interactivo relacionado cos Dereitos Humanos, empregando as tablets da
Biblioteca e de Polos Creativos. Unha forma divertida e tecnolóxica de aprender
e poñer a proba os seus coñecementos.
🖼️ Mural: “Os
dereitos son universais”
Na propia biblioteca, e para finalizar esta sesión, o
alumnado colaborou na creación dun mural con fotografías, reforzando a mensaxe
de que todas as persoas, sen excepción, somos titulares dos mesmos dereitos.
🎬 Videos con
mensaxe: “Todos contamos”
O alumnado de 4ESO-A, visualizou un vídeo informativo e gravou outro propio, protagonizado polo alumnado de 4ºA e da UEE, co lema “Todos contamos”, recordándonos que cada voz importa na defensa dos dereitos fundamentais. Foi editado grazas ao alumnado e ao asesoramento do noso coordinador TIC Diego Iglesias.





































