martes, 4 de febrero de 2025
viernes, 10 de enero de 2025
SÍLABAS TRABADAS
Comezamos o ano con moitas ganas de traballar. O recurso que se amosa nas imaxes é unha pizarra luminosa, que fai moi atractivas as actividades. Neste caso, traballamos en lingua castelá algunhas sílabas trabadas, escribindo e lendo palabras que as conteñen como: clavel, tigre, globo e crema. Ademais, utilizamos diferentes cores para identificar as vogais.
martes, 17 de diciembre de 2024
A MESA DE LUZ
A mesa de luz é unha ferramenta valiosa na intervención con nenos con autismo, xa que favorece o seu desenvolvemento sensorial, motor e cognitivo de maneira lúdica e estimulante. A través das súas cores brillantes e contrastantes, os nenos poden explorar patróns, formas e texturas, o que mellora a súa concentración e coordinación. Ademáis, promove a comunicación e a interacción social, xa que convida á participación en actividades grupais ou individuais. Utilizada de maneira terapeutica, a mesa de luz tamén pode ofrecer momentos de calma, reducindo a ansiedade e favorecendo un ambiente relaxante para a aprendizaxe e a creatividade.
martes, 3 de diciembre de 2024
3 de decembro, día internacional da discapacidade
martes, 12 de noviembre de 2024
lunes, 28 de octubre de 2024
Hora de lectura
Hoxe na Unidade de Educación Especial tocou "Hora de Ler". Afortunadamente, na biblioteca do centro, contamos cunha amplia variedade de libros adaptados a Lectura Fácil, o cal, fai posible a participación dun maior número de alumnado nas diferentes actividades do noso Plan de Biblioteca.




