Os nosos alumnos presentan os Polos Creativos ao alumnado Erasmus+: unha xornada de innovación e aprendizaxe compartida
O pasado mércores vivimos unha xornada chea de inspiración no noso centro! Un grupo de alumnos foi o encargado de amosar aos participantes do programa Erasmus+ todo o potencial dos Polos Creativos, espazos pensados para fomentar a creatividade, a innovación e o traballo colaborativo.
Durante a actividade, os nosos estudantes presentaron diversos materiais e proxectos realizados empregando ferramentas como cortadora láser, kits de robótica e placas electrónicas. Os visitantes tiveron a oportunidade de ver de preto como se aplica a tecnoloxía na aula, interactuar cos dispositivos e intercambiar ideas co noso alumnado.
A resposta foi moi positiva: houbo curiosidade, preguntas, aprendizaxe mutua e, sobre todo, moita ilusión por parte de todos e todas. Esta experiencia puxo en valor o traballo que se está a facer nos Polos Creativos e reforzou o espírito de colaboración internacional que caracteriza ao programa Erasmus+.