3 de decembro, día internacional da discapacidade
Hoxe 3 de decembro, é o día internacional das persoas con discapacidade. Co motivo desta conmemoración o alumnado de 3ºESO-B realizou unha actividade na biblioteca escolar coa finalidade de facela un espacio máis accesible e inclusivo. Durante a actividade se trataron varios aspectos, por un lado, a través dunha presentación profundizouse nos conceptos de discapacidade, entornos discapacitantes, inclusión e accesibilidade, centrándonos concretamente na accesibilidade cognitiva a cal, facilita a todas a persoas a comprensión do mundo no que vivimos. Trala explicación e o visionado de vídeos que aclaraban os contidos a tratar formamos tres equipos, un deles sinalizaba con pictogramas a biblioteca e os outros dous equipos fixeron un traballo de investigación nos ordenadores da biblioteca, en primer lugar identificaron qué máis pictogramas facían falta e logo os buscaron e descargaron dende a plataforma de ARASAAC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario