martes, 17 de diciembre de 2024

A MESA DE LUZ 

A mesa de luz é unha ferramenta valiosa na intervención con nenos con autismo, xa que favorece o seu desenvolvemento sensorial, motor e cognitivo de maneira lúdica e estimulante. A través das súas cores brillantes e contrastantes, os nenos poden explorar patróns, formas e texturas, o que mellora a súa concentración e coordinación. Ademáis, promove a comunicación e a interacción social, xa que convida á participación en actividades grupais ou individuais. Utilizada de maneira terapeutica, a mesa de luz tamén pode ofrecer momentos de calma, reducindo a ansiedade e favorecendo un ambiente relaxante para a aprendizaxe e a creatividade.






No hay comentarios:

Publicar un comentario