Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño
Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz, no que os centros educativos comprometémonos como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Esta data coincide co aniversario da morte de Mahatma Gandhi, un dos líderes pacifistas e defensor da non violencia máis importantes da nosa historia.
Aproveitando este día tan bonito, as profes de PT e AL, quixemos dar protagonismo ao traballo en equipo e entre tod@s, desde os máis pequenos ata os maiores, creamos o noso propio abecedario, O abecedario da paz.
Cada alumn@ escolleu unha letra do abecedario galego e escribiu unha palabra que a contivese.
Moitos recorreron ao dicionario e utilizárono para buscar ideas e aclarar algún significado que non tiñan do todo claro
A continuación, han creado un dibujo que para ell@s represente esa palabra
Foi un traballo no que reflexionamos sobre as cousas que cambiariamos no mundo e o que podemos facer cada un de nós para chegar a logralo. Traballamos en equipo comprendendo o valor e a importancia de poñer o noso granito de area para lograr algo grande e ademais aproveitamos para darlle uso ao dicionario, á nosa creatividade e os máis pequenos déronlle un repaso ás letras das que se compón o abecedario galego.
Podedes botarlle un ollo na entrada do cole!
Ata a próxima! 😄
No hay comentarios:
Publicar un comentario