Rematamos a semana adicándolle dúas sesións de traballo ao SAMAÍN.
Aproveitamos para coñecer vocabulario novo, reforzar a lectura e relacionar os artigos determinados con cada substantivo. Tamén lemos unha pequena historia de medo que tivemos que completar. Ademais, para mellorar a atención, fixemos unha sopa de letras silábica. Para rematar, que mellor maneira de aprender o nome dos principais ósos do corpo creando un esqueleto articulado? E o mellor de todo e que nos divertimos aprendendo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario