DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O día 3 de decembro celébrase; Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
Para conmemorar este día, dende o Departamento de Orientación organizamos unha actividade moi interesante co alumnado das aulas de apoio, co fin de reflexionar e concienciar sobre as diferentes capacidades que temos, traballando pola integración e a non discriminación das persoas con discapacidade.
Velaquí algunhas fotos da realización desta actividade co noso alumnado;
Convídovos a emocionarvos con esta curtometraxe "Cuerdas"
No hay comentarios:
Publicar un comentario