Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia, dende o Departamento de Orientación, levamos a cabo unha actividade para que o noso alumnado reflexionase sobre o concepto e a maneira na que eles poden colaborar para conseguir que o mundo que nos rodea sexa un lugar pacífico.
Para isto elaboraron "O SEMÁFORO DA PAZ":
En VERDE resaltaron todas aquelas actitudes que consideran que axudan e apoian a que todos e todas fagamos do mundo un lugar mellor!
En VERMELLO destacaron aquelas posturas que non se deben contemplar no día a día, posto que non contribúen ao benestar común.
Por último, en LARANXA, quixeron destacar as condutas e comportamentos que nos axudan na resolución dos conflitos do noso día a día.
Aquí vos deixamos unhas imaxes do proceso de elaboración e posterior debate:
No hay comentarios:
Publicar un comentario