Na aula traballamos o uso do diñeiro dunha forma moi práctica e divertida. A través de moedas e billetes de euro, o alumnado puido manipular, contar, clasificar e realizar pequenas compras simuladas.
Os obxectivos da actividade son:
Recoñecer moedas e billetes.
Diferenciar os seus valores.
Practicar o reconto e as sumas sinxelas.
Desenvolver habilidades de autonomía para a vida
diaria.
Utilizamos materiais visuais e manipulativos, como
láminas con imaxes de moedas, billetes e moedas de xoguete, etiquetas de prezos
e xogos de “tenda”. Isto facilita a comprensión e mantén a motivación do
alumnado.
Ademais de traballar contidos matemáticos, reforzamos:
✅ A atención
✅ A motricidade fina
✅ A comunicación e a toma de decisións.




No hay comentarios:
Publicar un comentario