O traballo é calquera actividade que realizan os seres humanos para obter un diñeiro a cambio, é dicir, un soldo. Segundo o traballo pódense distinguir dous grupos. As poboación activa e a inactiva. Mira con atención o seguinte vídeo.
Podes dicirme coas túas palabras que é a poboación activa? E a inactiva? Non esquezas enviarme as túas respostas a alfeijoozorelle@gmail.com
Empezamos con forza o terceiro trimestre. Durante este mes imos aprender aspectos sobre os traballos na natureza.
Hoxe envíoche unha actividade moi sinxela de comprensión lectora. Tes que ler o texto e responder as preguntas que aparecen. Para acceder ós exercicios pincha aquí, en para ver as respostas pincha en solucións.
Trata de facer os exercicios sen consultar as respostas correctas, despois corríxeas.