As actividades de hoxe son para repasar AS NORMAS DE ACENTUACIÓN.
PALABRAS AGUDAS: Teñen como sílaba tónica a última sñilaba. Levan acento gráfico cando rematan
en vogal, en vogal + s, en vogal + n, en vogal + ns. Exemplos iglú, autobús, educación, bailaríns.
As palabras agudas non levan acento gráfico cando
rematan en consoante distinta de n ou s ou en ditongo
decrecente (-ai, -ei, oi, -ui, -au, -eu, -ou, -iu) seguido
ou non de -s. Exemplos animal, muller, xersei, ademais.
PALABRAS GRAVES: Teñen como sílaba tónica a penúltima
sílaba.
Levan acento gráfico cando rematan
en consoante distinta de n ou s, ou en grupo
consonántico distinto de ns. Exemplos réptil,
cómic, tríceps.
As palabras graves non se acentúan cando rematan
en vogal, en vogal + n, en vogal + s ou en vogal + ns.
Exemplos parella, dolmen, martes, dolmens.
PALABRAS ESDRÚXULAS: As palabras que teñen como sílaba tónica
a antepenúltima chámanse palabras
esdrúxulas.
As palabras esdrúxulas sempre levan acento
gráfico. Exemplos áncora, cárcere,
mármore.
No hay comentarios:
Publicar un comentario