jueves, 26 de marzo de 2020

Actividades día 26/03/2020


Día 26/03/2020 toca traballar as seguintes materias:

NATURAIS 4º EP

SOCIAIS 4º EP

MATEMÁTICAS 1º ESO



DEPARTAMENTO DE PT/AL: CIENCIAS DA NATUREZA 4º PRIMARIA

Hoxe imos repasar o tema das plantas, as actividades que che propoño son moi sinxelas e podes usar internet se o precisas.



Exercicio 1: Simplemente tes que unir cada foto coa clasificación que lle corresponde.


Para repasar  o apartado da nutrición das plantas tes que ver o seguinte vídeo:



Exercicio 2: Despois de ver o vídeo, tócache a ti, fai un debuxo dunha planta (raíz, talo, follas…) e logo grava un vídeo (non ten que saír a túa cara) onde expliques como se alimentan, como respiran e que é a fotosíntese.




DEPARTAMENTO DE PT/AL: SOCIAIS 4º PRIMARIA

Imos a repasar con calma a primeira parte “A poboación”. Le os seguintes esquemas.




Como podemos saber cantas persoas viven nun territorio?


Temos dous trucos:


Con todos estes datos podemos saber cantas mulleres e homes viven nun lugar (poboación por sexo), ou canta xente nova, adultos e anciáns ( poboación por idade) e tamén a xente que pode traballar que se chama poboación activa e aquel número de persoas que non traballan que se chaman poboación non activa ( poboación por actividade).

Pero…. Cambia a poboación?

Claro que si! Todos os días nacen bebés (natalidade) pero tamén morren persoas (mortalidade). Ademais chegan persoas doutros lugares a vivir á nosa poboación, son inmigrantes, mentres que outras persoas que vivían preto vanse para outro lugar, quen recibe o nome de emigrantes.

Todas as persoas que cambian de residencia forman migracións (os que chegan son inmigrantes e os que se van emigrantes).

Exercicio 1: Inventa unha historia dunha familia que  viva en Ourense e teña que ir a vivir a unha aldea. Como crees que cambia o seu entorno, veciños, traballo…




DEPARTAMENTO DE PT/AL: MATEMÁTICAS 1º ESO

Continuamos practicando las medidas de longitud. Por ahora fíjate solo en las que aparecen por debajo del metro, es decir, decímetro, centímetro y milímetro. Como ya sabrás, para pasar de una unidad a otra tienes que contar los escalones, por cada escalon que bajes debes multiplicar por 10 y por cada uno que subas, dividir entre 10.

Si tengo 5 metros y quiero pasarlos a dm, como bajo un escalón lo multiplico por 10, 5x10=50dm. Pero si tengo 5 m y quiero pasarlo a milímetros tengo que bajar 3 escalones por lo tanto tengo que multiplicar 5x10x10x10= 5000 milímetros.

Lo mismo ocurre cuando subimos, imagínate que algo mide 800 cm y queremos pasarlo a m. Contamos los escalones, hay 2 entonces dividimos entre 10 dos veces. 800:10:10=8 m


Vamos a realizar unos ejercicios para comprobar que lo habéis entendido muy bien.







No hay comentarios:

Publicar un comentario