sábado, 28 de marzo de 2020

MÓVETE

MÓVETE

Bos días a todos e todas!

Cando permanecemos tanto tempo na casa non temos ocasión de movernos  como facíamos habitualmente.

Por esa razón estaría xenial facer un pouco de exercicio cada día, axúdanos a activarnos, divertirnos, manter os nosos músculos sans e o final a relaxarnos.

Recoméndovos que fagades ó menos 1 hora diaria, tedes múltiples opcións. O profe Felipe de Educación Física publicou no seu blog uns exercicios estupendos, podedes consultalos  aquí 


Ademais tedes moitas outras opcións, déixovos algunhas que podedes facer en familia:












Bailar tamén nos activa e incrementa a nosa enerxía, facilítovos uns enlaces con coreografías de diferentes estilos: hip-hop, infantís, zumba… tedes moito onde elixir!












Non esquezades ESTIRAR ben os músculos ó rematar a actividade física, é a maneira de evitar lesións. ¿Cómo facelo? Consulta este enlace:




Tamén é moi importante a psicomotricidade fina, fai referencia a movementos moito mais precisos e que nos axudan entre outras cousas a ter mellor caligrafía.

Móstrovos actividades divertidas de psicomotricidade fina e unhas fichas de caligrafía para que observedes que canto mais practiquedes, a letra será mais bonita.

1. Facer adornos con papel.
2. Realizar punteado.
3. Resgado de papel cos dedos.
4. Facer papiroflexia.
5. Facer trenzas con lá.
6. Trenzar la, cinta ou cordón.
7. Ensartar boliñas nun cordón.
8. Lixar xices de cores.
9. Estampar un papel grande coa man, puño, dedo, obxectos.
10. Estampar en papel ou imaxe limitada.
11. Xogar con naipes, crear unha torre.
12. Modelar con plastilinas, masas, cremas, area, barro.
13. Encher figuras con diferentes materiais como sementes, papel picado, fideos (estreliñas, letras …)
14. Completar figuras con lapis ou rotulador.
15. Crear puzles.
16. Abrochar y desabrochar botóns, cintos …
17. Facer exercicios de mans e dedos: golpeando a mesa, tocando o piano, facendo un ritmo determinado, levantando os dedos un a un…


Se queredes ver moitas mais premede no enlace:



E para comprobar todo o que mellorastes...


Ademais estes enlace permítevos crear a caligrafía das frases que queirades.








No hay comentarios:

Publicar un comentario