MÓVETE
Bos días a todos e todas!
Cando
permanecemos tanto tempo na casa non temos ocasión de movernos como facíamos habitualmente.
Por esa razón
estaría xenial facer un pouco de exercicio cada día, axúdanos a activarnos,
divertirnos, manter os nosos músculos sans e o final a relaxarnos.
Recoméndovos que
fagades ó menos 1 hora diaria, tedes múltiples opcións. O profe Felipe de Educación
Física publicou no seu blog uns exercicios estupendos, podedes consultalos aquí
Ademais tedes
moitas outras opcións, déixovos algunhas que podedes facer en familia:
Bailar tamén nos
activa e incrementa a nosa enerxía, facilítovos uns enlaces con coreografías de
diferentes estilos: hip-hop, infantís, zumba… tedes moito onde elixir!
Non esquezades
ESTIRAR ben os músculos ó rematar a actividade física, é a maneira de evitar
lesións. ¿Cómo facelo? Consulta este enlace:
Tamén é moi
importante a psicomotricidade fina, fai referencia a movementos moito mais precisos
e que nos axudan entre outras cousas a ter mellor caligrafía.
Móstrovos
actividades divertidas de psicomotricidade fina e unhas fichas de caligrafía
para que observedes que canto mais practiquedes, a letra será mais bonita.
1. Facer adornos con papel.
2. Realizar punteado.
3. Resgado de papel cos dedos.
4. Facer papiroflexia.
5. Facer trenzas con lá.
6. Trenzar la, cinta ou cordón.
7. Ensartar boliñas nun cordón.
8. Lixar xices de cores.
9. Estampar un papel grande coa man, puño, dedo,
obxectos.
10. Estampar en papel ou imaxe limitada.
11. Xogar con naipes, crear unha torre.
12. Modelar con plastilinas, masas, cremas, area,
barro.
13. Encher figuras con diferentes materiais como
sementes, papel picado, fideos (estreliñas, letras …)
14. Completar figuras con lapis ou rotulador.
15. Crear puzles.
16. Abrochar y desabrochar botóns, cintos …
17. Facer exercicios de mans e dedos: golpeando
a mesa, tocando o piano, facendo un ritmo determinado, levantando os dedos un a
un…
Se queredes ver moitas mais premede no enlace:
E para comprobar todo o que mellorastes...
Ademais estes enlace permítevos crear a caligrafía das frases que queirades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario